ENCHEMOS 3/4 DE AUGA NUNHA XARRA. AO RESTO BOTÁMOSLLE ESPUMA DE AFEITAR. CUN GOTEIRO BOTAMOS SOBRE A CREMA DE AFEITAR AS "GOTAS" DE AUGA. MENTRES BOTES, CANDO HAXA MÁIS GOTIÑAS E SE XUNTEN, COMEZARÁ A CAER" A CHOIVA"
ESTA SEMANA CONTAMOS CUNHA ACTIVIDADE PROPOSTA POR UN AMIGO NOSO. CHÁMASE ANTONIO E É VETERINARIO. A ANTONIO GÚSTALLE MOITO OBSERVAR UNS ANIMALIÑOS QUE ABUNDAN MOITO EN GALICIA E SON OS PAXAROS. EL VIVE EN ZARAGOZA E MÁNDANOS ALGUNHAS FOTOS FEITAS COA SÚA PROPIA CÁMARA.
ANIMÁDESVOS A FACER VÓS ALGUNHA A UN PAXARO CANDO SAIADES DE PASEO POR AMOEIRO ? OU A VECES INCLUSO DENDE A FIESTRA TAMÉN OS VEMOS ! ANTONIO PROPONVOS UN RETO ... A VER QUEN É CAPAZ DE CONSTRUÍR UN COMEDEIRO DE PAXAROS E ENVÍAVOS UNS CANTOS MODELOS. ESCOLLEDE O QUE MÁIS VOS GUSTE !!!
UNHA SEMANA MÁIS SÓ TEMOS QUE DICIROS QUE, A PESAR DA CALOR E DE QUE XA ESTADES CANSOS, O ESTADES FACENDO MOI BEN, RAPACES ! AS PROFES MARGA E MÓNICA ESTÁN MOOOOOI ORGULLOSAS DE VÓS !!