A partir desta semana a programación SUXERIDA, QUE NON OBRIGATORIA, será a seguinte :
* 2 ou 3 fichas de lóxica matemática por curso
* 3 fichas do proxecto dos números
* En canto vos cheguen os libros a todos
á casa comezaredes a facer SÖ por semana :
* 3 páxinas (por os dous lados)
da unidade
* 2 páxinas do libro de Letrilandia
Os libros de MENTES MATEMÁTICAS é mellor que os fagamos ao voltar @s nen@s á escola, ben sexa ao final deste curso ou a principio do seguinte.
Seguiremos colgando no blogue PROPOSTAS de manualidades,xogos e cancións para que os nenos se divirtan aprendendo.
Todo isto NON É OBRIGATORIO facelo, xa que as circunstancias familiares neste momento son complicadas , pero todo o que nos enviedes gardarémolo nas carpetas d@s nen@s.
Dado o volume de correos e material enviado, acordamos só colgar no blogue os traballos manuais e debuxos que fagan das actividades propostas, pero non máis fichas.
Repetimos, éstas de todos os xeitos, correxiranse e gardaranse en carpetas e teranse en conta como traballo individual (mandade fotos tanto das fichas do blogue
como dos libros).
Grazas pola vosa colaboración , esperamos que sigades ben e que as actividades propostas sexan do agrado e interese d@s nen@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario